Nesta páxina da Xunta de Extremadura podedes atopar diversos materiais para traballar no 1º ciclo da ESO dende, técnicas de estudo a temas variados, como convivencia, tabaco e alcohol, nutrición, etc.
http://contenidos.educarex.es/mci/2004/11/index.htm
jueves, 17 de noviembre de 2011
Consumo responsable: Cambiemos el guión.a
Para traballar o consumo responsable podedes empregar esta página de greenpeace, esta xenial para traballar o día do consumo ou este mes en relación co mes das ciencias.
http://consumo.greenpeace.es/
http://consumo.greenpeace.es/
domingo, 9 de enero de 2011
VÉMONOS EN GTITOREANDO
Este ano estou no grupo de traballo do instituto sobre titoría co que non atoparedes entradas neste blog xa que estou moi ocupada co outro que se chama GTitoreando e onde atopades material para traballar na titorías buscado e incluso elaborado por nós.
Un saúdo e ata outra.
Un saúdo e ata outra.
viernes, 1 de octubre de 2010
ON LINE
Esta semana foi a 32 Semana Internacional de Cine de Autor en Lugo, con tal motivo fun ver unha a película La ciudad de vida y muerte, o que para min foi unha versión china de La lista de Sthindler, pero antes da película proxectaron un documental e un curto do argentino Federico Santillana, o cal que me pareceu interesante para tratar en titoría, sobre todo recordoume a unha compañeira que está moi preocupada pola falta de comunicación directa entre os rapaces.
CÁPSULA DO TEMPO
Na elaboración de material para traballar este ano nas titoría levarei a cabo unha actividade, que será A cápsula do tempo, será un traballo de investigación que combine o persoal co histórico, asíos alumnos terán que crear dúas cápsulas do tempo unha de documentación, quén é o presidente?, quén é a familia real?, personaxes famosos do cine, da televisión, deporte, cantos paises hai na Unión Europea?Cal é a moneda actual? e toda a inforamción que eles consideren que é relevante no curso 2010-2011. Despois xuntaremos a información enterrarémola xunto cos obxectos que eles queiran. Despois faremos un pacto de non abrila ata unha determinada data.
Se vos gustou a idea mirade tamén a entradas:
NORABOA SON VOSTEDES TITORES
Se estades a ler esta entrada e sodes profesores do IES Monterroso e que votástelle unha ollada as recomendacións de actividades a realizar na 1º avaliación que ían na carpeta de titor.
Se foi así como descubristes o blog, benvidos. Se xa sodes coñecedores pero estades esperando novas actividades, sinto polo retraso, pero como sabedes a posta en marcha do curso escolar leva algo de tempo. E se caestes aquí por casualidade podedes votar un vistazo, a esta iniciativa de aunar as TIC coas titorias.
Este ano son titora de 3º da ESO o que me permitirá facer outra serie de actividades cos rapaces
e elaborar material máis específico para o segundo ciclo da E.S.O. , xa que a maioría das actividades do curso anterior foron levadas a cabo con alumnos de 1º da E.S.O.
Tamén teño pendente a adquisición de películas con unidades didácticas para traballar nas titorias. Pero iso será na 2º avaliación, como ben sabedes esta primeira avaliación estará adicada as normas do Instituto, elección de delegado, creación dun horario de estudio e organización para estudiar .
Como vedes hai un montón de traballo que facer pero ninguén dixo que fora fácil ser princesa.

lunes, 21 de junio de 2010
INVENTANDO UNHA HISTORIA
O noso compañeiro Carlos antes de irse agasallounos con uns magmífica selección de fondos para a nosa biblioteca, dous deles recomendareinos para a unidade de banda deseñada, e outro para ilustración, pero para fomento da lectura gustaríame que o próximo ano se traballase a historieta gráfica Emigrantes,de Shaun Tan ,esta historia está composta só por imaxes o que nos permite a que os alumnos inventen as súas propias historias. Esta historia navega entre o imaxinario e a real, os debuxos a lápz nunha cor sepia recordan as fotografías de finais do século XX e principios do XIX.
Esta novela gráfica permitenos que o alumnado se recree nunha lectura de imaxes, observando con detenimiento o que ocurre para poder enterder algo, como se fosen os propios emigrantes.
Ademáis de unha estupenda actividade para traballar na dinamización da lectura tamén permite traballar a concentración do alumnado e na expresión escrita do mesmo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)