Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de mayo de 2010

TITORIA E LECTURA

Buscando o conto do puntoq ue lemos a segunda clase que tivemos en 1º da ESO atopei esta maravilla que quero compartir con vós, non vos recorda a teoría da evocación da que creo que xa lei:
Check out this SlideShare Presentation:

RENOVARSE OU MORRER

Como vedes o meu caletre non para de inventar diversas actividades para rescatar a hora de lectura outra pode ser elaborar diferentes relatos ou contos relacionados cas diferentes áreas e despois de lelos os profesores poden comentar a lectura en relación ca súa materia en breves pondreivos un exempro de como se pode facer na miña área de artes plásticas.

Na primeira avaliación aproveitando que estábamos a ver os elementos do linguaxe visual lemos entre todos un relato de sobre o punto de Peter H. Reynolds que espero atopar e n breves e poñelo nesta entrada para ver como enlacei a lectura dun conto ca miña clase teórica.

Mentras tanto podedes ver outra idea que se me ocorre; esta vale tanto para plastica como para titoria; no segunite enlace podedes atopar diferentes contos eu quedeime con este que vos propoño:
http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/el-barrio-de-los-artistas Despois de ler o conto e reflexionar sobre el podemos facer un collage similar o da historia.

martes, 4 de mayo de 2010

LER PODE SER DIVERTIDO III: CREA A TUA PROPIA HISTORIA.

A pesar de que as segundas partes non son boas eu insisto e fago un segunda e terceira parte sobre esta asigantura pendente que é dar un xiro a hora de lectura.



Esta semana propúxenlles outra actividade os rapaces de 1º da ESO na hora de ler, esta consistía en ler en silencio durante 15 minutos e elexir tres verbas do seu libro. Despois entre todo creamos unha historia cas verbas que iban dicindo por orden de lista. Actividade foi moi divertida pero a seguinte vez vou introducir modificacións na actividade, creo que funcionará mellor se despois de ler divido a clase en 5 grupos ao azar e despois eles crean unha historia cas palabra que elexiron. Tamén poden facer unha poesía. Finalmente cada grupo lerá a súa historia.



Outra opción é que un dos rapaces, despois de ler os 15 minutos toda a clase, nos lea un pequeno paragrafo do seu libro e o resto da clase invente un final por grupos, despois leranse todos os escritos e finalmente o alumno continuará lendo o parrafo do libro, esta actividade podedemos servir para profundizar sobre a propia vida, e ver como unha mesma historia pode ter diversas interpretacións ou finais diferentes segundo quen a escoite ou as decisións que tomanos para solucionala.

domingo, 25 de abril de 2010

LEER PODE SER DIVERTIDO II

Ainda que din que as segundas partes nunca son boas, seguirei ofrecendo diferentes entregas sobre os meus experimentos sobre amotivación a lectura realizados con alumnos da ESO.
Estas últimas semanas puxen en práctica dúas experiencias novas:





  • Teatralización dunha libro. Esta actividade foi levada a cabo varios anos por unha compañeira do insti; Isabel, a cal fai un gran traballado non só como docente da súa área, senon que tamén é unha gran innovadora en actividades de titoría como en fomento da lectura, e teño o inmeno pracer de aprender con ela no curso Titoria emocional que estamos a relaizar non instituto. Bueno, despois de tanto eloxío,merecido por outra parte, paso a comentarvos como foi a experiencia, actividade foi levada a cabo con alumnos dous grupos de 3º da ESO, os alumnos leron Los 80 son nuestros libro que tiñan varios xa que estaban a ler para literatura española, distribuimos os persoaxes entre os alumnos e comenzamos a ler entonando, os alumnos ríronse e divertísonse sen deixar de prestar atención, teño que decir que eu non coñecía a obra e déronme unha gañas tremendas de lela. Con outro 3º limos A mansión dos Pampín, decidín elexir este libro porque mo recomedou a miña compañeira Isabel e hai varias copias na biblioteca, ademáis os rapaces xa o leran e podían interpretar mellor, antes de comenzar pedinlles que me fixeran unha sinopsis sobre o cómic e comprobei que ainda que se acordaban da trama principal, non todos se percaban do verdadeira significado do libro, do que quería denunciar durante o trascurso da historia.





  • Le o teu parágrafo, capítulo ou parte favorita do libro que estas a ler e explicamos porque. Esta actividade levouse a cabo con alumnos de 1º da ESO, a maioría deles leron fragmentos do libro Sin noticias de Grub libro que están a ler en lingua castelá.Con esta actividade ademáis de practicar a lectura en voz alta, podemos coñecer certas rasgos da personilade dos alumnos ou gustos que descoñecemos.