viernes, 28 de mayo de 2010

XOGOS COOPERATIVOS II

Nas charlas sobre linguaxe como vía de conexión entre persoas, educadores- Cachs, do curso Titoría Emocional desta semana fixemos varios xogos cooperativos para suxestionarnos, e activar o cerebro:

Un deles foi un xogo de palmas como o que facíamos cando éramos nenos,divertidísimo, cantamos " Tengo un muñeca vestida de azul" co ritmo de Queen as palmas. É unha boa actividade para sincronicar a clase.
Otra foi cunhas pelotas que nos íbamos pasando marcando diferentes ritmos, esta leveina a práctica cunha alumna hiperactiva, marcándolle ritmos lentos, estivo ben pero téñolle que dedicar máis tempo.

OS PROFESORES DEPORTISTAS DE ÉLITE

Esta semana no curso Titoría Emocional contamos ca presencia da Coach de familia, Rocío Gómez Sanabria , que nos explicou un pouquiño como funciona a linguaxe non verbal e a importancia de entendela e sabela empregar na nosa profesión.
Tamén falamos da CNV (comunicación non violenta), e como poñela en práctica nas nosas relacións tanto laborais como persoais e da evocación como métoo de ensino( deste tema xa vos teño falado no blog en varias ocasións)
Se teño que destacar algo das conferencias son varias cousas:
- A facilidade case natural dos mestres para levar a cabo prácticas de altas empresas, xa que moitos de nós xa facíamos moitas estratexías das que nos ensinou, pero dunha forma case innata.
- A importancia de coñerse, de expresarse e compartir experiencias con compañeiros.
- A importancia de sair das zoas de comodidade que establecemos, tanto para nós como para os nosos alumnos, superando prexucios e medos.

La Leyenda del Espantapájaros

Historia increible para emocionar, e falar das xucios:

PARA EMOCIONAR

Quero despertar sentimentos intensos nos meus alumnos e para eso estou preparando estes serie de contos para emocionar e aprender:

QUERER É RESPETAR

O seguinte corto pódevos ser de utilidade para traballar a empatía, a amistade, etc..



CADA UN TEN A SÚA HABILIDADE

Este conto é xenial para traballar cos nenos sobre as súas eleccións académicas ou da vida en xeral, todos temos as nosas propias habilidades, cada unha a súa:





Tamén vos escrio o conto por se queredes traballar con el na hora de lectura:
Una noche oscura y cerca de las 10
un evento en la casa del juez
del segundo piso se escucho ese llanto
de aquel niño que habian esperado tanto
es un varon!, grito alegre su padre
besando la frente de la exsausta madre
la tradicion familiar tu vas a seguir
pero el destino otra cosa tenia que decir,
siguio la fortuna su destino cruel
la mano del niño era de pìncel.

Una tarde de viernes tomado aire fresco
pincel salio al mundo
con ... fin el cerco
en la sopa de letras undio sus pinceles
y vio el placer de colorear manteles,
se dan cuenta nuestros invitados
que el niño improvisa corseles alados
feliz cumpleaños dijo el juez amigo
¿que abra dentro de este moño tan prolijo?
quien iva a pensar
contra toda hipotesis
que en la caja venia una protesis
Leia en el parque ya con 17
cuando un lepidoptero muy impertinente
lo llevo al encuentro de una enorme lente Pincel aun flotando en su dulce aventura conjura un encuentro en dizfras de axidente el rayo golpea al adolesente lo invade una extraña clase de locura y sin prosesarlo
se arranca el martillo y estallan los rojos y los amarillos pero aquella calma fue un breve interludio
el juez desplego el alegato en su estudio pequeño incorrecto despresias mi afecto con tal mala suerte que impacto al insecto pincel setrago el derrumbe de su anelo llevandose consigo el retrato de su abuelo
y rumiando su propio caos existencial
hasta su ventana alguien envio la señal
un grupo de hormigas con alternativas
y al sumerguir su nariz en el papel
descubrio que habian cientos como el
manos de bisturi, de calculadora, de pluma, de telescopio, de bandeja doradora donde estudiar, los puntajes, en la tele habian reportajes, en la web habian ejercicios parecia que se habia roto por completo el malefisio
junto sus pinturas y ataco la tela
dispuesto a cambiar la historia familiar de punta a ... de oleo y de acuarela una noche clara, cerca de las 10 era el gran evento en la casadel juez todos celebraban al nuevo graduado
tambien el abuelo muy bien embarcado.

lunes, 17 de mayo de 2010

APRENDER A FALAR EN PÚBLICO

A miña compañeira Isabel, entre moitos interesantes e increibles proxectos que ten a ben compartir con nós nos curso Titoria emocional, está a levar a cabo exposicións orais dos traballos de investigación que fan os seus alumnos, este procedemento forma parte do traballo e é parte imprescindible para a súa evaliación. Para a realización destas experiencias, eborou un guión que deben seguir os alumnos nas súas exposicións, este guión está a vosa disposición na biblioteca do instituto, se tedes máis curiosidade ou interés a nosa compañeira tamén nos invita a asistir as exposicións orais dos seus alumnos que se realizan na biblioteca do instituto.

CÓMO PRESENTAR UN TRABALLO ESCRITO

Este ano o grupo da biblioteca dentro dos nosos proxectos elaboramos unha guia de como elaborar e presentar traballos escritos, con este proxecto pretendemos crear unidade e coherencia nos procementos didácticos empregados polos docentes do instituto, asi os rapces acostumaranse a seguir uns pasos concretos para realización de traballos en tódalas materias.
Esta guia é unha estupenda actividade para realizar en titoría en tódolos cursos na primeira avaliación, despois da expliación da guía nunha primeira sesión realizaremos un traballo práctico na biblioteca.

sábado, 15 de mayo de 2010

CADERNO DE SOÑOS



A continuación suxerímovos unha preciosa actividade que levou a cabo a nosa compañeira Isabel, na súa titoría de 2º do ESO.
A actividade consiste en que os alumnos realizen un caderno de soños, que os defina, nese caderno pegaran fotos deles ,dos seus amigos, familiares, dos seus gustos, e dos soños que teñen para o futuro, o que lles gustaría ser de maiores, como se ven dentro de 10 ou 20 anos, se queren poden pegar noticias dese ano ou que desexen.
Despois os alumnos que o desexen poderán ensinar os seus cadernos a clase.
Os alumnos encántelles esta actividade, fan cousas moi fermosas.
Ainda que neses momento non todos se dan conta este actividade é un agasallo que lles fai a súa titora e xa que dentro duns anos, cando se poñan a tirar cadernos vellos atopen a seu caderno des soños, e recorden como eran fai uns anos e comprobarán se todo segue igual ou aquelo que tanto anelaba con 13 anos agora non ten maior importancia.

PORQUE TI ME COMPLETAS....


Unhas das compañeiras do curso Titoría emocional, Iria ,que estamos a levar cabo expúxonos interesante actividade sobre métodos de estudo que está a levar a cbo na súa titoría , que ademáis fomenta a relación entre os difentes alumnos.
A actividade consiste en época de exámenes fai parexas de estudo, despois de explicar técnicas de estudo como realziación de esquemas,elixe dúas persoas da clase, unha das persoas debe ter facilidadade para unhas materias e outras para outras, asi o propio alumno exerce de profesor, facilitando os seus coñecementos e métodos de estudo ao eu compañerio. Con esta actividade conseguimos que os alumnos se relacionen fóra do seu grupo de amigos de clase, integrar e facilitar as relación daqueles que non atopen o seu lugar no grupo, ademáis de reforzar a súa autoestima, " eu fago ben esto e ti o outro", por non falar do nivel de comunicación entre iguais(alumnos) é en moitas ocasións máis claro que entre alumno e profesor, cantas veces intentamos que entendan un concepto ou lección e en 5 minutos un alumno explica para toda a clase o que nós levávamos tentando explicar 30 miutos, este tipo de situacións non deben incomodar o profesor, xa que os alumnos están noutro nivel de madurez diferente ao noso e non sempre asilan os contidos tal e como llos explicamos, pero sempre hai que quedar se ca parte boa e non ca de frustración, para que un alumno aclare unha expliación primeiro tena que comprender, e ise é o nos fin último, ademáis debemos aprender desto e para o curso seguinte en vez de repetir 50 veces o mesmo, faremos 2 e aplicaremos a expliación aprendida dos alumnos.

XOGOS COOPERATIVOS


Un proxecto que quere levar a cabo a directora do centro para final de curso e principios do curso que ven, é aplicar os xogos cooperativos. Un das cousas que percibimos os docentes é que moitos nenos están cansos de sermós, de tanto usarlos deixan de ser efectivos e por iso que estamos a profundizar noutras formas de aprendizaxe, con estes xogos os alumnos aprenden a coñecerse, respetarse, comunicar as súas emocións, confiar uns nos outros, e afinazar o identidade de grupo de individuos diferentes e igual de maravillososo tanto por separado como en grupo. Ademáis é un magnífica forma de que os alumnos se desafoguen tanto enérxicamente como emocionalmente.
Na aula materia de titoría disporedes do libro de Xogos cooperativos de Xesús R. Jares, con multitude de xogos cooperativos os cales clasificamos por ciclos, evaliacións e necesidades, ademáis asignamos un xogos para cada grupo cos finalidade de que non se repitan as actividades tódolos anos e os xogos cooperativos se convirtan en algo habitual dentro da eduación pero a súa vez sexa diferente e motivador. A continuación expono a una pequena clasificación, a cal podedes varias segundo vós vexades, pero na aula materia estarán marcados especificamente, espero que vos justen e sexan de utilidade.
1ºavaliación. Xogos de presentación e para coñecerse mellor (interesante para os primeiros días de clase e elección de delegado). Destacamos:
- Adhedivo. Consiste en escribir o noso propio nome e debuxar calquera trazo que nos "defina", en clave de humor. Hai unha variente que é facer un escudo do noso nome. Está ben para os primeiros días para o 1º ciclo.
- Pelota quente. Consiste en autopresentarse indicando, ademais do nome, uns datos básicos por medio dunha pelota que se vai lanzando entre os nembros do grupo. Esta actividade está ben para os primeiros días no 2º ciclo.
- Se eu fose presidente do país. Consiste en imaxinar que farían se fosen presidente do país. Para elección de delegado de primeiro ciclo.
- O meu propio país o meu mundo. Consiste en seleccinar cinco cousas, calidades ou características que definan o país e o planeta en que habitamos e comparalas co resto do grupo.
Para elección de delegado 2º ciclo.
2º avaliación. Nesta 2º avalición pensamos que estaría ben traballar xogos de afirmación do grupo e xogos de confianza.
-Siluetas. Consiste en que cada xogador debe debuxar a súa propia silueta para logo ser valorada positivamente. 1º da ESO.
- Elección de profesión. Trátase de comparar e debater sobre a profesión que cada paticipante escolle para si mesmo e a que lle asigana o resto dos membros do grupo. 2ºciclo sobre tdo en 4º da ESO.
-Túnel negro. Consiste en atravesar un túnel que forman os xogadores coas súas pernas. 1º ciclo.
-Xistra. Trátase de guiar a un compañeiro cos ollos pechados a través dunha serie de obstáculos. 2º ciclo.
3º avaliación. Na terceira avaliación podemos facer os seguintes xogos de animación, son xeniais para liberar tensións.
- Ha, ha,ha 1º ciclo. Consiste en provocar unha cadea de gargalladas.
-Quéresme dozura. 2º ciclo. Trátase de facer rir ao compañeiro empregando calquera recurso non-violento para conseguilo.

viernes, 14 de mayo de 2010

TODO SE PODE EVITAR

Este video é fantástico para traballas a tolerancia e tamén para proxectalo o día da paz. Todo se pode evitar con boas verbas e un pouco de boa bontade.

PORQUE AS COUSAS NON SON SEMPRE O QUE SEMELLAN



Estes dous videos podédelos proxectar para tratar xucios erroneos, para falar de que é convinte saber tódolos datos antes de xuzgar.






CONVIVENCIA

Este curto é xenial e moi divertido para traballar a convivencia, a tolerancia e integración. Pódedes tratar moitos temas tras proxectalo en clase. Trballei con el é cos tres das entradas anterires nunha sesión de titoría. Son actividades rápidas, divertidas e eficaces. Os nenos vianse como os paxariños e a min comon o páxaro grandón, je,je,je.

viernes, 7 de mayo de 2010

SONRISAS Y LÁGRIMAS

Como titora as veces pareceme que sempre lles ando a reñer os meus alumnos, porque non fas os deberes, hai que estudar, portaste mal en clase, falas moito..... e iso no pode ser, tanto os nenos como os profes temonos que rir e a eso vou.

Estas última sesión de titoria propúxenme rir un pouco cos meus alumnos e fortalecer o grupo, gustaronme tanto estas experiencias que estou a profundizar nelas de feito, no curso de titoria imos traballar o xogo como método de aprendizaxe.

Este venres realicei as seguintes actividad despois do control de aula, proxección de contos e comentario dos mesmos. Vimos
Parece un conto de terror pero os propios nenos comprenderon que o monstruo o que buscaba era unha identidade non un nome, é que esa identidade xa a tiña non necesitaba ser outra persoa. Tamén se deron conta que o mostruo sempre acababa so, a finxir ser quen non era, e para que quería un nome se estaba so.
Gustoume moito a actividade, os nenos deduxeron cousas moi interesantes, ademáis de ver a necesidade que teñen os nenos de que se lles conte contos, encántalles
Despois pedironme que lles puxera a canción favorita dun deles que no la ia a cantar, busqueina en versión karaoke e puxemonos todos a cantar como se fósemos cantantes de rock. Superdivertido!!!!!

CÓMO CONSEGUIR UNHA CLASE ORDEADA

A medida que pasa o curso os alumnos senten a súa aula como propia, como se fose a súa habitación, pero sen ter necesidade de limpala, xa que tódalas mañás aparece ordeada.


Estou a traballar sobre este tema é puxen en marcha unha idea, os venres a última hora, teño clase ca miña titoria e reviso a clase, se está limpa e ordeada, as veces tamén o fago entre semana, se a fila que non propietarios da ringleira que non está limpa teñen que limpar toda a clase, ordela e barrela. Os que teñen os sitios máis ordeados, limpeza de mesas, libros colocados e papeles polo chán reciben un premio, que será unha golosina ( o que máis lles gusta é o recoñecemento non a golosina pero é algo simbólico).


Esta idea pódese levar dende principio de curso, podemos facer unha ficha cas filas é levar un reconto semanal de orden, o final de mes dase o premio a fila que máis puntos teña.


Outra idea é que cada semana nombremos por orden de lista dous encargados de clase, ese serán os encomendados de que a clase que ordeada toda a semana, se fan ben o seu traballo recibirán unha recompensa.
Xa vos contarei se funciona.

miércoles, 5 de mayo de 2010

TITORIA E LECTURA

Buscando o conto do puntoq ue lemos a segunda clase que tivemos en 1º da ESO atopei esta maravilla que quero compartir con vós, non vos recorda a teoría da evocación da que creo que xa lei:
Check out this SlideShare Presentation:

RENOVARSE OU MORRER

Como vedes o meu caletre non para de inventar diversas actividades para rescatar a hora de lectura outra pode ser elaborar diferentes relatos ou contos relacionados cas diferentes áreas e despois de lelos os profesores poden comentar a lectura en relación ca súa materia en breves pondreivos un exempro de como se pode facer na miña área de artes plásticas.

Na primeira avaliación aproveitando que estábamos a ver os elementos do linguaxe visual lemos entre todos un relato de sobre o punto de Peter H. Reynolds que espero atopar e n breves e poñelo nesta entrada para ver como enlacei a lectura dun conto ca miña clase teórica.

Mentras tanto podedes ver outra idea que se me ocorre; esta vale tanto para plastica como para titoria; no segunite enlace podedes atopar diferentes contos eu quedeime con este que vos propoño:
http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/el-barrio-de-los-artistas Despois de ler o conto e reflexionar sobre el podemos facer un collage similar o da historia.

martes, 4 de mayo de 2010

LER PODE SER DIVERTIDO III: CREA A TUA PROPIA HISTORIA.

A pesar de que as segundas partes non son boas eu insisto e fago un segunda e terceira parte sobre esta asigantura pendente que é dar un xiro a hora de lectura.



Esta semana propúxenlles outra actividade os rapaces de 1º da ESO na hora de ler, esta consistía en ler en silencio durante 15 minutos e elexir tres verbas do seu libro. Despois entre todo creamos unha historia cas verbas que iban dicindo por orden de lista. Actividade foi moi divertida pero a seguinte vez vou introducir modificacións na actividade, creo que funcionará mellor se despois de ler divido a clase en 5 grupos ao azar e despois eles crean unha historia cas palabra que elexiron. Tamén poden facer unha poesía. Finalmente cada grupo lerá a súa historia.



Outra opción é que un dos rapaces, despois de ler os 15 minutos toda a clase, nos lea un pequeno paragrafo do seu libro e o resto da clase invente un final por grupos, despois leranse todos os escritos e finalmente o alumno continuará lendo o parrafo do libro, esta actividade podedemos servir para profundizar sobre a propia vida, e ver como unha mesma historia pode ter diversas interpretacións ou finais diferentes segundo quen a escoite ou as decisións que tomanos para solucionala.