viernes, 28 de mayo de 2010

OS PROFESORES DEPORTISTAS DE ÉLITE

Esta semana no curso Titoría Emocional contamos ca presencia da Coach de familia, Rocío Gómez Sanabria , que nos explicou un pouquiño como funciona a linguaxe non verbal e a importancia de entendela e sabela empregar na nosa profesión.
Tamén falamos da CNV (comunicación non violenta), e como poñela en práctica nas nosas relacións tanto laborais como persoais e da evocación como métoo de ensino( deste tema xa vos teño falado no blog en varias ocasións)
Se teño que destacar algo das conferencias son varias cousas:
- A facilidade case natural dos mestres para levar a cabo prácticas de altas empresas, xa que moitos de nós xa facíamos moitas estratexías das que nos ensinou, pero dunha forma case innata.
- A importancia de coñerse, de expresarse e compartir experiencias con compañeiros.
- A importancia de sair das zoas de comodidade que establecemos, tanto para nós como para os nosos alumnos, superando prexucios e medos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario