sábado, 15 de mayo de 2010

XOGOS COOPERATIVOS


Un proxecto que quere levar a cabo a directora do centro para final de curso e principios do curso que ven, é aplicar os xogos cooperativos. Un das cousas que percibimos os docentes é que moitos nenos están cansos de sermós, de tanto usarlos deixan de ser efectivos e por iso que estamos a profundizar noutras formas de aprendizaxe, con estes xogos os alumnos aprenden a coñecerse, respetarse, comunicar as súas emocións, confiar uns nos outros, e afinazar o identidade de grupo de individuos diferentes e igual de maravillososo tanto por separado como en grupo. Ademáis é un magnífica forma de que os alumnos se desafoguen tanto enérxicamente como emocionalmente.
Na aula materia de titoría disporedes do libro de Xogos cooperativos de Xesús R. Jares, con multitude de xogos cooperativos os cales clasificamos por ciclos, evaliacións e necesidades, ademáis asignamos un xogos para cada grupo cos finalidade de que non se repitan as actividades tódolos anos e os xogos cooperativos se convirtan en algo habitual dentro da eduación pero a súa vez sexa diferente e motivador. A continuación expono a una pequena clasificación, a cal podedes varias segundo vós vexades, pero na aula materia estarán marcados especificamente, espero que vos justen e sexan de utilidade.
1ºavaliación. Xogos de presentación e para coñecerse mellor (interesante para os primeiros días de clase e elección de delegado). Destacamos:
- Adhedivo. Consiste en escribir o noso propio nome e debuxar calquera trazo que nos "defina", en clave de humor. Hai unha variente que é facer un escudo do noso nome. Está ben para os primeiros días para o 1º ciclo.
- Pelota quente. Consiste en autopresentarse indicando, ademais do nome, uns datos básicos por medio dunha pelota que se vai lanzando entre os nembros do grupo. Esta actividade está ben para os primeiros días no 2º ciclo.
- Se eu fose presidente do país. Consiste en imaxinar que farían se fosen presidente do país. Para elección de delegado de primeiro ciclo.
- O meu propio país o meu mundo. Consiste en seleccinar cinco cousas, calidades ou características que definan o país e o planeta en que habitamos e comparalas co resto do grupo.
Para elección de delegado 2º ciclo.
2º avaliación. Nesta 2º avalición pensamos que estaría ben traballar xogos de afirmación do grupo e xogos de confianza.
-Siluetas. Consiste en que cada xogador debe debuxar a súa propia silueta para logo ser valorada positivamente. 1º da ESO.
- Elección de profesión. Trátase de comparar e debater sobre a profesión que cada paticipante escolle para si mesmo e a que lle asigana o resto dos membros do grupo. 2ºciclo sobre tdo en 4º da ESO.
-Túnel negro. Consiste en atravesar un túnel que forman os xogadores coas súas pernas. 1º ciclo.
-Xistra. Trátase de guiar a un compañeiro cos ollos pechados a través dunha serie de obstáculos. 2º ciclo.
3º avaliación. Na terceira avaliación podemos facer os seguintes xogos de animación, son xeniais para liberar tensións.
- Ha, ha,ha 1º ciclo. Consiste en provocar unha cadea de gargalladas.
-Quéresme dozura. 2º ciclo. Trátase de facer rir ao compañeiro empregando calquera recurso non-violento para conseguilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario