martes, 4 de mayo de 2010

LER PODE SER DIVERTIDO III: CREA A TUA PROPIA HISTORIA.

A pesar de que as segundas partes non son boas eu insisto e fago un segunda e terceira parte sobre esta asigantura pendente que é dar un xiro a hora de lectura.



Esta semana propúxenlles outra actividade os rapaces de 1º da ESO na hora de ler, esta consistía en ler en silencio durante 15 minutos e elexir tres verbas do seu libro. Despois entre todo creamos unha historia cas verbas que iban dicindo por orden de lista. Actividade foi moi divertida pero a seguinte vez vou introducir modificacións na actividade, creo que funcionará mellor se despois de ler divido a clase en 5 grupos ao azar e despois eles crean unha historia cas palabra que elexiron. Tamén poden facer unha poesía. Finalmente cada grupo lerá a súa historia.



Outra opción é que un dos rapaces, despois de ler os 15 minutos toda a clase, nos lea un pequeno paragrafo do seu libro e o resto da clase invente un final por grupos, despois leranse todos os escritos e finalmente o alumno continuará lendo o parrafo do libro, esta actividade podedemos servir para profundizar sobre a propia vida, e ver como unha mesma historia pode ter diversas interpretacións ou finais diferentes segundo quen a escoite ou as decisións que tomanos para solucionala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario