lunes, 21 de junio de 2010

INVENTANDO UNHA HISTORIA

O noso compañeiro Carlos antes de irse agasallounos con uns magmífica selección de fondos para a nosa biblioteca, dous deles recomendareinos para a unidade de banda deseñada, e outro para ilustración, pero para fomento da lectura gustaríame que o próximo ano se traballase a historieta gráfica Emigrantes,de Shaun Tan ,esta historia está composta só por imaxes o que nos permite a que os alumnos inventen as súas propias historias. Esta historia navega entre o imaxinario e a real, os debuxos a lápz nunha cor sepia recordan as fotografías de finais do século XX e principios do XIX.
Esta novela gráfica permitenos que o alumnado se recree nunha lectura de imaxes, observando con detenimiento o que ocurre para poder enterder algo, como se fosen os propios emigrantes.
Ademáis de unha estupenda actividade para traballar na dinamización da lectura tamén permite traballar a concentración do alumnado e na expresión escrita do mesmo.

viernes, 11 de junio de 2010

EU LEO TI BEBUXAS

No meu blog Educación Plástica e Visual, Aolladaindiscreta, onde falo dos meus ilustradores favoritos, e buscando información sobre estes atopei un enlace xenial onde ademais de falar de Rebecca Dautremer, tamén nos ofrece unha serie de videos dos seus contos, anque non están en español. Desta fantástica ilustradora temos dous títulos na biblioteca Cyrano e Princesas olvidadas y desconocidas.

A miña idea inicial era que os alumnos fixeran un taller de ilustración inspirándose sobre nun libro que estiveran lendo pero despois ocorreuseme unha nova idea para a animación a lectura: Inventa a túa propia historia, darlles ilustracións para crear as súas propias historias, xa vos porei máis pero algunhas que podemos utilizar son as de esta artista.


domingo, 6 de junio de 2010

BIBLIOTECA DOS LIBROS FANTÁSTICOS

Esperando que a hora de lectura sexa algo dinámico e interesante para os nosos alumnos estou a elaborar novos traballos para o vindeiro curso na seguinte páxina podemoa atopar multitude de actividades para traballar o fomento da lectura.


Espero poder traer a exposición na que se basean as seguintes unidades didácticas, e un proxecto que tiven o pracer de ver nacer fai uns anos da mán da súa creadora Carmen Domech, muller polifacética, titiriteira, escritora e artista.


No seguinte enlace podedes atopar multitude de unidades didácticas para traballar cos vosos rapaces, están plantexadas para nenos de primaria asi que teremos que facer unha adpación para os de secundaria.