O noso compañeiro Carlos antes de irse agasallounos con uns magmífica selección de fondos para a nosa biblioteca, dous deles recomendareinos para a unidade de banda deseñada, e outro para ilustración, pero para fomento da lectura gustaríame que o próximo ano se traballase a historieta gráfica Emigrantes,de Shaun Tan ,esta historia está composta só por imaxes o que nos permite a que os alumnos inventen as súas propias historias. Esta historia navega entre o imaxinario e a real, os debuxos a lápz nunha cor sepia recordan as fotografías de finais do século XX e principios do XIX.
Esta novela gráfica permitenos que o alumnado se recree nunha lectura de imaxes, observando con detenimiento o que ocurre para poder enterder algo, como se fosen os propios emigrantes.
Ademáis de unha estupenda actividade para traballar na dinamización da lectura tamén permite traballar a concentración do alumnado e na expresión escrita do mesmo.
lunes, 21 de junio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario