viernes, 1 de octubre de 2010

NORABOA SON VOSTEDES TITORES

Se estades a ler esta entrada e sodes profesores do IES Monterroso e que votástelle unha ollada as recomendacións de actividades a realizar na 1º avaliación que ían na carpeta de titor.
Se foi así como descubristes o blog, benvidos. Se xa sodes coñecedores pero estades esperando novas actividades, sinto polo retraso, pero como sabedes a posta en marcha do curso escolar leva algo de tempo. E se caestes aquí por casualidade podedes votar un vistazo, a esta iniciativa de aunar as TIC coas titorias.
Este ano son titora de 3º da ESO o que me permitirá facer outra serie de actividades cos rapaces
e elaborar material máis específico para o segundo ciclo da E.S.O. , xa que a maioría das actividades do curso anterior foron levadas a cabo con alumnos de 1º da E.S.O.
Tamén teño pendente a adquisición de películas con unidades didácticas para traballar nas titorias. Pero iso será na 2º avaliación, como ben sabedes esta primeira avaliación estará adicada as normas do Instituto, elección de delegado, creación dun horario de estudio e organización para estudiar .
Como vedes hai un montón de traballo que facer pero ninguén dixo que fora fácil ser princesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario