viernes, 11 de junio de 2010

EU LEO TI BEBUXAS

No meu blog Educación Plástica e Visual, Aolladaindiscreta, onde falo dos meus ilustradores favoritos, e buscando información sobre estes atopei un enlace xenial onde ademais de falar de Rebecca Dautremer, tamén nos ofrece unha serie de videos dos seus contos, anque non están en español. Desta fantástica ilustradora temos dous títulos na biblioteca Cyrano e Princesas olvidadas y desconocidas.

A miña idea inicial era que os alumnos fixeran un taller de ilustración inspirándose sobre nun libro que estiveran lendo pero despois ocorreuseme unha nova idea para a animación a lectura: Inventa a túa propia historia, darlles ilustracións para crear as súas propias historias, xa vos porei máis pero algunhas que podemos utilizar son as de esta artista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario