miércoles, 28 de abril de 2010

ACTIVIDADES PARA DÍAS ESPECIAIS

Como é de supoñer, moitos de vós faredes actividades para días sinalados nos que tratamos temas trasversais é tonteamos ca materia de educación para a cidadanía.
Algún deses días é O DIA DA MULLER onde podemos traballar o conto que vos comentei na outra entrada. Ou se tedes a posibilidade de facer unha exposión sobre a muller como a que realizou Carmen Sarmiento ( dire do insti) no holl do noso instituto, onde se recopilaba información sobre todo tipo de ,mullere, tanto importantes como anóminas, con frases raciosas, fotos e citas, podedes recomendarlles qe a visiten que elixan unha das mulleres importantes que alí se citaban e que expoñana algo sobre ela, facendo despois unha reflexión sobre porque esa muller foi importante ou é digna de mención.
O DIA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, sobre iste tema todedes ter material a vosa disposición na carpeta que estamos a elaborar para titoría. Nela tendes unha serie de textos e actividades que podedes levara cada en dúas titoría. Eu fixen especial atención na violencia verbal cara as mulleres e traballamos os chistes e expresións machistas en clase. O como a través dunha broma se trata de ricularizar as mulleres. O grupo da biblioteca proxectou curtos e cancións sobre a violencia de xénero no holl do instituto. Algún deses videos son os destes enlaces, podedes traballar as letras das cancións dos artistas que vos propoñemos:
Huecco se acabaron las lágrimas :

http://www.youtube.com/watch?v=OdXim--6pVI

Bebe Malo:

http://www.youtube.com/watch?v=GBu5l8W8SCk

O DIA DA PAZ . Para este día propóñovos dúas actividadades unha de traballos manuais como é facer móviles a partir da paloma de Picasso. E outra proxección de cancións e animacións que traten o tema da paz, ahi vos mando uns enlaces que non vos deberíades perder:
Como é o video clip da canción The year of rat sobre o poder das apertas é xenial para traballar a comunicación visual e verbal, así podedes realizar a seguinte actividade:
Os alumnos pasearan pola clase mirando os ollos aos seu compañeiros, despois pararanse diante dun e saudarano, e reanudarán a marcha mirando os ollos do resto de rapaces, logo paranse de novo e saludaranse e levarán un pequena conversa mirándose aos ollos, despois repetirán o proceso pero esta vez daranse a mán, por último remataremos a actividade con abrazos para todos.
Aquí tendes o fantástico video do tema, non ten desperdicio:






No noso insti o grupo da biblioteca fixo varias actividades coa colaboración do departamento de Educación Plástica e o de Eduación Física o cal fixo unha coreografía, aquí vos ensinavos o resultado
http://www.youtube.com/watch?v=YTqf9L8X8JM
Tamén proxectamos videos sobre a paz, curtos, animacións e cancións, se logrades atopar as cancións con letra moi mellor xa que este ano conseguín que os alumnos se arrancaran a cantar como se dun Karaoke se tratara.
Carmen Sarmiento elaborou un impresionante mural coa axuda de alumnos e profes do grupo da biblioteca sobre os desastres da guerra, actividade consistía en recortar de prensa imaxes de guerra e de desolación e noutro panel imaxes e citas sobre a paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario