jueves, 8 de abril de 2010

LEER PODE SER DIVERTIDO

Co fin de crear hábitos de lectura, no noso instituto estamos a levara cabo varios proxectos un deles é A hora de lectura, en que os alumnos teñen que leer durante media hora un libro, esta hora vaise alternando cada semana.
Esta actividade non gusta a todolos alumnos , moitos deles vena aburrida e monótona, a pesar de que a nosa biblioteca dispón de moitos fondos de lectura xuvenil, que poden resultar do seu interese.
No meu empeño en descubrir cal é a causa da súa desmotivación, percátome que varias factores que poden contribuir a mesma; unha delas é a soidade que conleva leer, a maioría das veces é un acto case íntimo e privado, a moitos dos alumn@s dalles vergonza leer en público. Outra é a perda de imaxinación a mairía dos alumnos non evoca o que le, con isto quero decir que recrea olores, sabores,cores nin formas ca lectura. E por último a falta de concentración, algúns dos alumnos non prestán atención o que están lendo, debido en gran parte os dous factores anteriormente mencionados.
Pois ben, despois de seis meses de observación decidín actúar,e poñer en práctica diferentes tipos de lectura para romper con esa apatía. As actividades que realicei foron as seguintes:



  • Lectura evocadora. Actividade realizada con 1º da ESO. Teño que decir que esta actividade non foi só para motivar os alumnos a ler, xa que no primeiro ciclo os nenos son máis receptivos a hora de lectura, senon que foi concebida para ver cal era a forma de aprendizaxe que tiñan os alumnos da miña titoría. Actividade consistía en que un alumno nos lera un parrágrafo do libro que estaba a ler e despois facer preguntas sobre o libro, cómo credes que é o personaxe do que está a falar?, cómo ole?,como é a súa voz?, cómo viste?, cal é a súa cor favorita etc....unha chea de preguntas que desembocaron nunha choiva de ideas dos rapaces sobre as preguntas, despertando así os seus sentidos, vista, gusto, oido, alfato e tacto e evocando un milleiro de sensacións coñecidas por todos pero xa tan mecánicas que non nos paramos a disfrutalas.
    Dado o éxito que tivo a actividade repetímola en titoría o día internacional da muller, onde proxectamos e leímos entre todos : La Cenicienta que no quería comer perdices. Con este conto traballamos varios temas que poderedes ver noutra entrada, pero no tocante a lectura actividade desnvolveuse do seguinte xeito. Fixemos unha lectura colectiva e comprensiva, evocando e reflexionando sobre o que iamos lendo. O momento máis divertido foi cando nos puchemos todos nas puntas dos pés e fomos estivemos andando 10 minutos, creo que entenderon o que supón levra tacóns de agulla!!!!
    Check out this SlideShare Presentation:



  • Adiviña que esteu lendo. Esta actividade consiste en que un alumno le un dous ou tres párragrafos n ao azar do libro que está a ler e os demáis temos que averiguar de qué trata o libro que está a ler, para eso teremos que irlles facendo pequenas preguntas como en qué época crees qué está ambientado, de que xénero crees qué é?, coñececes algún libro ambientado na mesma época? cun argumento similar?

  • Lectura teatralizada. Podes probar a facer unha lectura teatralizada ben elexindo vós unha obra en concreto, nese caso a actividade realizaríase en titoría, ou unha obra ao azar que estén lendo varios en clase, onde se distribuirían os personaxes e faríamos unha improvisación. Esta actividade ainda non a levei a cabo pero sei de boa tinta que os rapaces entusiásmalles.

En resumo, o que é obrigado case nunca gosta, é para algún dos nosos rapaces ler non é un pracer, así que está nas nosas máns intentar que descubran os segredos da lectura e nas súas facelo público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario