domingo, 25 de abril de 2010

LEER PODE SER DIVERTIDO II

Ainda que din que as segundas partes nunca son boas, seguirei ofrecendo diferentes entregas sobre os meus experimentos sobre amotivación a lectura realizados con alumnos da ESO.
Estas últimas semanas puxen en práctica dúas experiencias novas:





  • Teatralización dunha libro. Esta actividade foi levada a cabo varios anos por unha compañeira do insti; Isabel, a cal fai un gran traballado non só como docente da súa área, senon que tamén é unha gran innovadora en actividades de titoría como en fomento da lectura, e teño o inmeno pracer de aprender con ela no curso Titoria emocional que estamos a relaizar non instituto. Bueno, despois de tanto eloxío,merecido por outra parte, paso a comentarvos como foi a experiencia, actividade foi levada a cabo con alumnos dous grupos de 3º da ESO, os alumnos leron Los 80 son nuestros libro que tiñan varios xa que estaban a ler para literatura española, distribuimos os persoaxes entre os alumnos e comenzamos a ler entonando, os alumnos ríronse e divertísonse sen deixar de prestar atención, teño que decir que eu non coñecía a obra e déronme unha gañas tremendas de lela. Con outro 3º limos A mansión dos Pampín, decidín elexir este libro porque mo recomedou a miña compañeira Isabel e hai varias copias na biblioteca, ademáis os rapaces xa o leran e podían interpretar mellor, antes de comenzar pedinlles que me fixeran unha sinopsis sobre o cómic e comprobei que ainda que se acordaban da trama principal, non todos se percaban do verdadeira significado do libro, do que quería denunciar durante o trascurso da historia.





  • Le o teu parágrafo, capítulo ou parte favorita do libro que estas a ler e explicamos porque. Esta actividade levouse a cabo con alumnos de 1º da ESO, a maioría deles leron fragmentos do libro Sin noticias de Grub libro que están a ler en lingua castelá.Con esta actividade ademáis de practicar a lectura en voz alta, podemos coñecer certas rasgos da personilade dos alumnos ou gustos que descoñecemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario