lunes, 12 de abril de 2010

NOVO COLE: O INSTITUTO.

Como todos sabemos a daptación dos alumnos de primeria a secundaria é en moitos caso lenta e algo precipitada en moitos casos.
Os alumnos de 1º da ESO séntanse nos pupitres do instituto inquedos e espectantes, novo espacio, novos compañeiros, nosvos profesores.... son como" pequenos extraterrestres "que analizan o seu novo entorno.
No caso do noso instituto os alumnos sufren un cambio sifgnificativo, pasan de pequenos colexios , con 12 ou 15 nenos por aula, onde se coñecen todos dende 1º de primario ou infantil, e a atención e totalmente personalizada, a grupos de 28 alumnos de diferentes pobos, con un profesor diferente por cada materia con exixencias e criterios diferentes.
A nosa obriga como titores é axudalos a que esta nova etapa da súa vida se desenvolva do mellor xeito posible.Para iso deseñamos unha serie de actividades que alumnos coñezan o centro,tanto espacialmente como o seu funcionamento:

1ºAVALIACIÓN.



BLOQUE I: FUNCIONAMENTO INTERNO.



  • Primeira sesión. Presentación. A titora clara cales son as súas funcións como resposable do grupo. Explica o funcionamentobásico do centro. Horario úbicación das aulas de desdobre ou alulas materia. Empréstitos de libros de texto e coidado do material. Xustificación de faltas de asistencia; onde conseguir os xustificantes, cómo se cubren e canto tempo teñen para entregalo despois da falta, apercibimentos por faltas de conducta ou por faltas inxustificadas. A hora de lectura. Se houbese algún alumno repetidor, alumnos axudantes ou simplemente voluntarios poderían ensiñarlles o centro.

  • Segunda sesión. Dereitos e deberes. Lemos atentamente dereitos dos alumnos e despois as obrigas. Reflexionamos sobre a necesidade dos dereitos e deberes, tanto no colexio como na nosa vida cotiá.

  • Terceira sesión e cuarta sesión. A clase elabora as súas propias normas e penalizacións. Despois de elaboralas poden facer un almanaque con elas e así tamén dispondrán dun sitio para apuntar os exames.

  • Cuarta sesión. Coñece os teus compañeiros. Hai varias actividades que se poden facer con esta cuestión. A máis sinxela consiste en facer que contesten unhas cuestións moi básicas os compañeiros e adiviñar logo de ler as respostas de quén estamos a falar. As preguntas poden ser: Cor favorita. Comida favorita. Película favorita. Canción favorita. Película favorita. Libro favorito. Cidade favorita. Hobbies. Qué quero ser de maior ?Qué valoras nun amigo?Non che gustan as persoas que.... Un virtude que teño. Un defecto qué teño.

Outra modalidade destas actividade é grabar os nenos respondendo estas cuestións e gardar a grabación, no acto para despedirlos en 2º de bacharelato podemos facer unha montaxe coa grabación para que vexan a súa evolución.



  • Quinta sesión. Eleximos delegado I. Preguntamos quén quere ser delegado de clase. As persoas que queiran prepararán a súa lexislatura, por qué queren ser delegados e qué van aportar a clase, para eso teñen unha semana. Mentras tanto lemos as funcións que teñen os delegados.

  • Sexta sesión. Eleximos delegado II. Nesta segunda parte os candidatos fan un pequeno discurso e preguntámoslle o que queiramos tanto alumnos como a profe. Esto pretende ser unha reflexión sobre o que os candidatso nos están a contar. Despois procédese a votación e reconto de votos.

  • Séptima sesión. Hábitos de estudo. Para coñecer os hábitos de estudio dos nosos rapaces debemos facer unha pequena enquisa sobre este tema, preguntando cousas moi básicas como: canto tempo dedico a facer as tarefas de clase? canto tempo dedico a estudar? cómo é o lugar onde estudo? estudo só ou acompañado? traballo con música ou t.v.? fago esquemas? entendo o que estudo ?creo que dedico suficiente tempo a estudiar? estas son as preguntas habituais sobre hábitos de estudo pero creo que debemos ir máis ala e saber que procesos de evocación empregan os nosos alumnos para estudar eso descubrirémolo facéndolles as seguintes preguntas : cando estudio penso en algo? cando estudo ciencias sociais maxino os animais ou o pais o civilización que me están a explicar? cando estudo qué recordo, a voz da profesora dando a lección, a expresión da profesora explicaba (máns e cara ) ou foto ou debuxo do carón do texto ? Despois da enquisa leremos as respostas en clase e reflexionaremos sobre as respostas.

  • Oitava sesión.Elaboro un horario de estudio. O alumno elaborará un horario de estudio onde contralará os tempos para traballo, estudio e ocio.

  • Novena sesión. A miña axenda. Os alumnos precisarán dunha libreta para empregar como axenda, nela anotarán a data de examenes, as comunicacións entre pais e profesores, entrega de traballos, exercicios que teñen que facer....o titor deberá revisar de vez en cando as axendas.

Creo que con estas actitudade e algún a que propoño a continuación para días específicos como o día da paz ou da muller podemos ter bastante para a 1º avaliación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario