viernes, 9 de abril de 2010

SER TITORA, UNHA HONRA

Dos catro anos que levo na docencia, tres deles fun titora de varios cursos, dos cales dous eran grupos moi pequeños e moi especificos xa que eran de 4º e 3º de diversificación, e este ano teño baixo o meu titorando , a 28 rapaces de 1º da ESO. Pódovos asegurar que non me aburro, sempre teño situacións que solucionar, as veces véxome como unha mamá postiza, resolvendo problemiñas como " fulano chamóume esto", "mengano díxone o outro", "aquel escondeume a goma"....
En fin, que neste blog contaremos tanto eu como as miñas compañeiras as nosas experiencias en titoría, actividades que levamos a cabo cos alumnos e daremos algunhas pautas sobre como podemos entender mellor aos nosos alumnos, poñendo ao voso alcance ferramentas que podedes empregar para que a comunicación e entendemento entre docentes e alumnos sexa o máis fluído posible.
Esperando que este blog resulte de utilidade despídome.

Cristina Fernández.

No hay comentarios:

Publicar un comentario