lunes, 21 de junio de 2010

INVENTANDO UNHA HISTORIA

O noso compañeiro Carlos antes de irse agasallounos con uns magmífica selección de fondos para a nosa biblioteca, dous deles recomendareinos para a unidade de banda deseñada, e outro para ilustración, pero para fomento da lectura gustaríame que o próximo ano se traballase a historieta gráfica Emigrantes,de Shaun Tan ,esta historia está composta só por imaxes o que nos permite a que os alumnos inventen as súas propias historias. Esta historia navega entre o imaxinario e a real, os debuxos a lápz nunha cor sepia recordan as fotografías de finais do século XX e principios do XIX.
Esta novela gráfica permitenos que o alumnado se recree nunha lectura de imaxes, observando con detenimiento o que ocurre para poder enterder algo, como se fosen os propios emigrantes.
Ademáis de unha estupenda actividade para traballar na dinamización da lectura tamén permite traballar a concentración do alumnado e na expresión escrita do mesmo.

viernes, 11 de junio de 2010

EU LEO TI BEBUXAS

No meu blog Educación Plástica e Visual, Aolladaindiscreta, onde falo dos meus ilustradores favoritos, e buscando información sobre estes atopei un enlace xenial onde ademais de falar de Rebecca Dautremer, tamén nos ofrece unha serie de videos dos seus contos, anque non están en español. Desta fantástica ilustradora temos dous títulos na biblioteca Cyrano e Princesas olvidadas y desconocidas.

A miña idea inicial era que os alumnos fixeran un taller de ilustración inspirándose sobre nun libro que estiveran lendo pero despois ocorreuseme unha nova idea para a animación a lectura: Inventa a túa propia historia, darlles ilustracións para crear as súas propias historias, xa vos porei máis pero algunhas que podemos utilizar son as de esta artista.


domingo, 6 de junio de 2010

BIBLIOTECA DOS LIBROS FANTÁSTICOS

Esperando que a hora de lectura sexa algo dinámico e interesante para os nosos alumnos estou a elaborar novos traballos para o vindeiro curso na seguinte páxina podemoa atopar multitude de actividades para traballar o fomento da lectura.


Espero poder traer a exposición na que se basean as seguintes unidades didácticas, e un proxecto que tiven o pracer de ver nacer fai uns anos da mán da súa creadora Carmen Domech, muller polifacética, titiriteira, escritora e artista.


No seguinte enlace podedes atopar multitude de unidades didácticas para traballar cos vosos rapaces, están plantexadas para nenos de primaria asi que teremos que facer unha adpación para os de secundaria.

viernes, 28 de mayo de 2010

XOGOS COOPERATIVOS II

Nas charlas sobre linguaxe como vía de conexión entre persoas, educadores- Cachs, do curso Titoría Emocional desta semana fixemos varios xogos cooperativos para suxestionarnos, e activar o cerebro:

Un deles foi un xogo de palmas como o que facíamos cando éramos nenos,divertidísimo, cantamos " Tengo un muñeca vestida de azul" co ritmo de Queen as palmas. É unha boa actividade para sincronicar a clase.
Otra foi cunhas pelotas que nos íbamos pasando marcando diferentes ritmos, esta leveina a práctica cunha alumna hiperactiva, marcándolle ritmos lentos, estivo ben pero téñolle que dedicar máis tempo.

OS PROFESORES DEPORTISTAS DE ÉLITE

Esta semana no curso Titoría Emocional contamos ca presencia da Coach de familia, Rocío Gómez Sanabria , que nos explicou un pouquiño como funciona a linguaxe non verbal e a importancia de entendela e sabela empregar na nosa profesión.
Tamén falamos da CNV (comunicación non violenta), e como poñela en práctica nas nosas relacións tanto laborais como persoais e da evocación como métoo de ensino( deste tema xa vos teño falado no blog en varias ocasións)
Se teño que destacar algo das conferencias son varias cousas:
- A facilidade case natural dos mestres para levar a cabo prácticas de altas empresas, xa que moitos de nós xa facíamos moitas estratexías das que nos ensinou, pero dunha forma case innata.
- A importancia de coñerse, de expresarse e compartir experiencias con compañeiros.
- A importancia de sair das zoas de comodidade que establecemos, tanto para nós como para os nosos alumnos, superando prexucios e medos.

La Leyenda del Espantapájaros

Historia increible para emocionar, e falar das xucios:

PARA EMOCIONAR

Quero despertar sentimentos intensos nos meus alumnos e para eso estou preparando estes serie de contos para emocionar e aprender: